A finalidade primordial da Didáctica da expresión plástica e visual nas Facultades de Ciencias da
Educación é proporcionar aos alumnos unha formación artística e didáctica de calidade e garantir a cualificación dos futuros profesionais do ensino no ámbito das artes plásticas aplicado ao
ensino de infantil.
Os ensinos artísticos no ámbito educativo asumen un dobre sentido, xa que, por unha banda, a
transmisión dos seus saberes garanten a conservación de prácticas artísticas fundamentais na didáctica, tanto na composición e o crecemento da aprendizaxe no alumnado como nas tarefas de apoio a outros saberes, e por outro, auspician a incentivación na reflexión, na práctica estética e no desenvolvemento da creatividade.