Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Idioma estranxeiro I: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados O estudante, de xeito individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia. Usualmente trátase dunha actividade autónoma dos estudantes que inclúe a procura e recolleita de información, lectura e manexo de bibliografía. O traballo escrito será entregado na semana 10, para ser exposto nas clases prácticas das semanas 11 e 12. 25
Presentacións/exposicións Presentación oral dun tema dos contidos da materia nas clases prácticas das semanas 7 e 8. Pódese levar a cabo de xeito individual ou en grupo. 25
Probas de resposta curta Nas sesións prácticas das semanas 6 e 13 o alumnado será avaliado da
destreza de “Listening” (15%) e de "Reading" (15%) por medio de exercicios de resposta curta.
30
Resolución de problemas e/ou exercicios Nas sesións teóricas das semanas 6 e 13 o alumnado será avaliado dos contidos teóricos da materia (Use of English and vocabulary). 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A) Primeira edición das actas:

Na primeira edición das actas o alumnado poderá acollerse a avaliación continua (A1) ou a avaliación única (A2).

A1) Avaliación continua na primeira edición das actas:

Recoméndase a avaliación continua e o traballo diario na materia, xa que o estudo constante e progresivo é o sistema máis axeitado para a aprendizaxe dun idioma. Para acollerse ao sistema de avaliación continua, o alumnado debe asistir con regularidade ás sesións presenciais, tanto teóricas como prácticas, así como realizar as tarefas e exercicios que se lle requiran.

O dominio da lingua inglesa será avaliado por medio das seguintes probas:

- Proba de Use of English & vocabulary (20%): nas clases de teoría das semanas 6 e 13.

- Probas de listening (15%) e reading (15%): nas clases prácticas das semanas 6 e 13.

- Presentación oral nas clases prácticas das semanas 7 e 8 (25%).

- Entrega de traballo escrito sobre un tema do curso na semana 10 (25%), para ser exposto nas clases prácticas das semanas 11 e 12.

As datas e horas das probas correspóndense coas horas das clases dos diferentes grupos. Se alguén realiza só unha proba parcial de listening ou reading, a súa nota nesa destreza corresponderase coa nota obtida nesa proba. No caso das probas de Use of English e vocabulario, haberá que realiza-las dúas probas, posto que se avalían contidos diferentes.

Para consegui-lo aprobado na asignatura, o alumnado deberá aprobar cada unha das probas que se avalían. De suspender algunha(s) das partes, o alumnado poderá recuperalas en xullo de 2015, mantendo as notas conseguidas nas probas aprobadas na primeira edición das actas. De non aprobar en xullo de 2015, o alumnado deberá examinarse no seguinte curso académico.

A realización dunha ou varias das probas parciais da avaliación continua implica a aceptación do sistema de avaliación continua por parte do alumnado. O alumnado avaliado mediante o sistema de avaliación continua non poderá acollerse á avaliación única na primeira edición das actas, e a súa nota da primeira edición das actas corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas realizadas durante o curso.

A2) Avaliación única na primeira edición das actas:

Segundo a normativa vixente, con independencia da súa asistencia ou non ás clases o alumnado gozará de condicións equivalentes de avaliación.

Aqueles alumnos que non poidan asistir ás sesións presenciais desta materia deberán poñerse en contacto coa profesora para pactar con ela un programa de traballo individualizado. Ademáis diso, o alumnado que non asista ás clases será avaliado mediante un exame que terá lugar na data oficial fixada polo centro para a primeira edición das actas e que se poderá consultar na Web:

http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php/grao-educacion-infantil/horarios

Este exame constará das seguintes partes: proba de Use of English & vocabulary (20%), reading (15%), listening (15%), proba escrita (en inglés) de resposta longa sobre os contidos da materia (25%) e entrevista persoal, levada a cabo en inglés e cunha duración de 10 ou 15 minutos (25%).

Para consegui-lo aprobado na asignatura, o alumnado deberá aprobar cada unha das partes do exame. De suspender algunha(s) das partes, o alumnado poderá recuperalas en xullo de 2015, mantendo as notas conseguidas nas probas aprobadas na primeira edición das actas. De non aprobar en xullo de 2015, o alumnado deberá examinarse no seguinte curso académico.

Como se indicou anteriormente, o alumnado que teña obtido algunha nota polo sistema da avaliación continua non poderá acollerse ao exame único na primeira edición das actas.

B) Segunda edición das actas (xullo 2015)

O alumnado que non se presente á primeira edición das actas será avaliado en xullo mediante un exame que terá lugar na data oficial fixada polo centro para a segunda edición das actas e que se poderá consultar na Web:

http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php/grao-educacion-infantil/horarios

Este exame constará das seguintes partes: proba de Use of English & vocabulary (20%), reading (15%), listening (15%), proba escrita (en inglés) de resposta longa sobre os contidos da materia (25%) e entrevista persoal, levada a cabo en inglés e cunha duración de 10 ou 15 minutos (25%). Para consegui-lo aprobado na asignatura, o alumnado deberá aprobar cada unha das partes do exame.

Aqueles alumnos de avaliación continua ou única que non superaran algunha das probas da primeira edición das actas, poderán recuperalas en xullo de 2015, mantendo as notas aprobadas obtidas na primeira edición das actas. De non aprobar en xullo de 2015, o alumnado deberá examinarse no seguinte curso académico.

Durante a realización das probas e exames non se permite a utilización de dicionarios, ordenadores, teléfonos móviles, conexión a Internet ou calquera outro medio electrónico.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000