Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Idioma estranxeiro I: Inglés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballos tutelados O estudante, de xeito individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia. Usualmente trátase dunha actividade autónoma dos estudantes que inclúe a procura e recolleita de información, lectura e manexo de bibliografía. O traballo escrito será entregado na semana 10, para ser exposto nas clases prácticas das semanas 11 e 12.
Presentacións/exposicións Presentacións orais sobre un tema da materia preparadas polo alumnado de forma individual ou en grupo para reforzar as destrezas comunicativas de expresión. Pódese levar a cabo de xeito individual ou en grupo. Serán presentadas nas clases prácticas das semanas 7 e 8.
Traballos de aula Realización de exercicios relacionados coas destrezas comunicativas na aula baixo as directrices e supervisión da profesora.
Actividades introdutorias Presentación da materia ao alumnado e orientación xeral sobre a mesma.
Resolución de problemas e/ou exercicios Formulación, análise e resolución de exercicios prácticos relacionados cos contidos gramaticais e léxicos e as destrezas comunicativas.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Resolución de exercicios prácticos relacionados cos contidos gramaticais e léxicos e as destrezas comunicativas de forma autónoma, con material de autocorrección.
Prácticas autónomas a través de TIC Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense a través das TIC de xeito autónomo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000