Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Idioma estranxeiro I: Inglés
   Competencias de titulación
Código Descrición
A2 Capacitar os docentes para que aprendan a promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva
A3 Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos
A4 Proporcionar ás alumnas e aos alumnos recursos para fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles
A5 Promover estratexias adecuadas para que na súa futura práctica docente as alumnas e alumnos poidan reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia
A6 Coñecer a evolución da linguaxe na primeira infancia, saber identificar posibles disfuncións e velar pola súa correcta evolución. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión
A11 Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes
B3 Comunicación oral e escrita
B4 Coñecemento de lingua estranxeira
B9 Traballo en equipo
B10 Traballo nun contexto internacional
B11 Habilidades nas relacións interpersoais
B12 Recoñecemento da diversidade e multiculturalidade
B15 Aprendizaxe autónoma
B19 Coñecemento doutras culturas e costumes
B20 Iniciativa e espírito emprendedor
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000