Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Didáctica da lingua e a literatura infantil
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Esta sesión servirá para presentar a materia ao alumnado.
Lección maxistral Exposición por parte da profesora dos contidos teóricos sobre a materia, así como presentación de estratexias, experiencias e recursos didácticos. Isto tamén se levará á práctica mediante a formulación de diferentes propostas de traballo.
Presentación Exposición por parte do alumnado de temas sobre contidos da materia ou resultados de análises, tarefas, traballos, experiencias, prácticas etc.
Obradoiro Realización de actividades prácticas ao redor da literatura de transmisión oral e os novos formatos (álbum silente, álbum ilustrado, libro-obxecto...).
Eventos científicos Asistencia e participación en diferentes eventos vinculados coa materia, como é o caso do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
Aprendizaxe colaborativa A partir da selección de textos literarios, procederase á súa reescritura para, posteriormente, seren dramatizados mediante o emprego de diferentes estratexias e recursos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000