Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Psicoloxía: Identificación, prevención e tratamento dos trastornos do desenvolvemento e da conduta
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Os alumnos presentarán informes escritos das actividades realizadas nos pequenos grupos. 10 da nota final.
Probas de resposta curta As probas de avaliación consistirán en responder por escrito a preguntas de resposta curta sobre os contidos do programa da asignatura 50 da nota final
Traballos e proxectos Os alumnos elaborarán dous programas de intervención sobre aqueles trastornos que elixan. Presentarán informes por escrito que serán expostos na aula na data sinalada polo profesor 40 da nota final
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Tanto para asistentes como para non asistentes: Para aprobar a asignatura é preciso acadar o 50% da puntuación en cada unha das partes avaliiadas.

Criterios de avaliación para NON asistentes: Os alumnos para ser considerados non asistentes o comunicarán por escrito ao profesor durante o mes de xaneiro; de non ser así serán considerados asistentes. 

Con
independencia da súa asistencia ou non ás clases, o alumnado gozará de
condicións equivalentes de avaliación

Exame: Ata o 50% da nota final. Tipo de exame igual ao dos asistentes.

Traballos e proxectos: Ata o 50% da nota final. Os alumnos terán que elaborar programas de intervención sobre dous trastornos do comportamento. As instruccións e o seguemento serán realizados nas horas de titoría, sendo obrigatoria a asistencia do alumno a un mínimo de tres sesións. A non asistencia suporá o suspenso nesa parte. Os programas serán defendidos oralmente polo alumno ao final do curso, no día e hora que o profesor sinale.

As competencias non adquiridas na primeira edición das actas (mes de Maio), serán de novo avaliadas no mes de xullo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000