Guia docente 2019_20
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Psicoloxía: Identificación, prevención e tratamento dos trastornos do desenvolvemento e da conduta
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Explicación do programa da materia, os núcleos de contido, as competencias que se esperan que sexan alcanzadas, o sistema de traballo e de avaliación da materia.
Traballo tutelado Serán realizados baixo a supervisión do profesor nas sesións de pequeno e mediano grupo. Ao finalizar o grupo que o realizou explicará o seu traballo ao resto dos grupos. A elaboración dos traballos será supervisada en todo momento polo profesor, ben directamente na aula, ben na titoría.
Nos grupos medianos os alumnos realizarán un programa de intervención sobre algúns dos trastornos obxecto de estudo. Nos pequenos grupos realizaranse actividades de reflexión sobre distintas cuestións da materia.
Lección maxistral Explicación de contidos teóricos. Nestas sesións, o profesor explicará os contidos da materia e os alumnos poden intervir propoñendo a súas dúbidas e opinións.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000