Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Antropoloxía: Pensamento e cultura
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Presentación e debate dun tema 20 C37
C44
D1
D13
Traballo tutelado Avaliación do proceso, resultados e presentación dun traballo de iniciación á investigación. 40 C37
C44
D1
D13
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame sobre o temario da materia. 40 C37
C44
D1
D13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado asistente e o non asistente ten que alcanzar o 50% en cada unha das probas para superar a materia

Alumnado non asistente: Realización dun traballo relacionado cos contidos da materia, pautado entre o alumnado e o profesorado (40%), resumo e comentario crítico de dous libros da Bibliografia da materia, pautados polo profesorado (20%), exame final da materia (40%).

Para ambas modalidades de avaliación, as partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico

As datas oficiais de exame poden consultarse na páxina web da Facultade, no apartado de organización académica, espazo "datas de exames".

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000