Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Psicoloxía: Prevención e tratamento das dificultades na aprendizaxe infantil
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Número de acertos ao que se descontará o numero de erros dividido entre tres.
Isto multiplicarase por dez e o resultado desta operación divídese polo número de preguntas da proba.
40 B1
B8
C7
C8
C9
C16
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumnado debe solucionar unha
serie de problemas e/ou exercicios nun
tempo/condicións establecido/as polo profesor.
Deste xeito, o alumno/a debe aplicar os coñecementos que adquiriu. A aplicación desta técnica pode ser presencial ou non presencial.
Pódense empregar diferentes ferramentas para
aplicar esta técnica como, por exemplo, chat,
correo, foro, audioconferencia,
videoconferencia, etc.
30 B2
B10
C7
C8
C9
C16
C18
C19
C60
D1
D2
D7
Práctica de laboratorio Probas para a avaliación que inclúen
actividades, problemas ou exercicios prácticos
a resolver. Os alumnos deben dar resposta á
actividade presentada, aplicando os
coñecementos teóricos e prácticos da materia.
20 B1
B2
B3
B4
C7
C8
C9
C16
C17
C18
C19
C22
C60
D1
D2
D7
Cartafol/dossier Compilación da información sobre os traballos feitos durante o seu periodo de formación 10 B8
C7
C8
C9
C16
C17
C18
D1
D2
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación dos traballos prácticos realizarase mediante a utilización da ferramenta E-rubrica. Para superar a materia é necesario ter unha nota mínima de 5 na parte teórica e 5 nos traballos. O alumnado non asistente terá que  entregar todos os traballos prácticos, realizar o exame tipo test e un exame do traballo de aula. As actividades non superadas durante o cuadrimestre poderán ser recuperadas na convocatoria de xullo, manténdose as puntuacións previamente conseguidas. Ver datas dos exames na páxina web da Facultade. 

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo sosial, esta guía podera ser ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT) .

Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio.



 
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000