Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Psicoloxía: Fundamentos psicolóxicos da intervención temperá
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Exposición, por grupos, diante do grupo mediano, e despois, por escrito, ao profesor, dos resultados da valoración, mediante cuestionarios, escalas, probas adaptadas ao alumnado de educación infantil, con determinados déficits ou trastornos, co obxecto de ter a informacións máis precisa posible do seu desenvolvemento e poder adptar a intervención docente. 25
Titoría en grupo O estudante presenta no grupo clase, aspectos dos contidos da materia, previamente preparados, utilizando material proporcionado polo profesor, ademais das aportacións persoais que poida realizar o estudante, utilizando a bibliografá suxerida. 15
Traballos tutelados Realización de traballos en pequeno grupo ou individuais sobre contidos da materia. 30
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa.
30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

 Na convocatoria de Xullo, unicamente se avaliarán as competetencias
ou actividades non superadas na convocatoria correspondente ao seu
cuadrimestre.

No caso de que algún estudante non poida ser obxecto dunha avaliación
continua, nin o seu traballo poida ser titorizado polo docente,
realizará unha proba sobre os contidos teóricos, que suporá o sesenta por cento da cualificación final, e outra sobre os contidos prácticos, que representará o corenta por cento
da cualificación final. Para superar a materia será preciso que en cada
unha das partes (teórica e práctica) acade un cincuenta por cento da
cualificación establecida para cada parte.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000