Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Psicoloxía: Fundamentos psicolóxicos da intervención temperá
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante
Presentacións/exposicións Exposición, por grupos, diante do grupo mediano, e despois, por escrito, ao profesor, dos resultados da valoración, mediante cuestionarios, escalas, probas adaptadas ao alumnado de educación infantil, con determinados déficits ou trastornos, co obxecto de ter a informacións máis precisa posible do seu desenvolvemento e poder adptar a intervención docente.
Actividades introdutorias Actividades dirixidas a tomar contacto e recoller información do alumnado e presentación da materia.
Titoría en grupo O estudante presenta no grupo clase, aspectos dos contidos da materia, previamente preparados, utilizando material proporcionado polo profesor, ademais das aportacións persoais que poida realizar o estudante, utilizando a bibliografá suxerida.
Traballos tutelados Realización de traballos en pequeno grupo ou individuais sobre contidos da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000