Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía da educación: Procesos de aprendizaxe infantil
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Exposición, por grupos, diante do grupo mediano, e despois por escrito ao profesor, dos resultados da valoración de tres alumnos/as de educación infantil (3, 4 e 5 anos), utilizando probas adaptadas a este alumnado co obxecto de detectar posibles causas das dificultades de aprendizaxe que poida manifestar un alumno/a e actuar en consecuencia. 20
Traballos tutelados O estudante presenta no grupo pequeno oralmente, e logo ao profesor por escrito, exercicios adaptados ao alumnado de educación infantil, elaborados a partir das lecturas propostas polo profesor. 20
Titoría en grupo O estudante presenta no grupo clase, aspectos dos contidos da materia, previamente preparados, utilizando material proporcionado polo profesor, ademais das aportacións persoais que poida realizar o estudante, utilizando a bibliografá suxerida.forma oral ou escrita. 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Probas para avaliación das competencias que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 30
Cartafol/dossier O estudante presenta, oralmene no grupo pequeno, e por escrito ao profesor, evidencias de cal foi o seu traballo con relación aos contidos da materia e e súa participación nos traballos de grupo. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na convocatoria de Xullo, unicamente se avaliarán as competetencias ou actividades non superadas na convocatoria correspondente ao seu cuadrimestre.

No caso de que algún estudante non poida ser obxecto dunha avaliación continua, nin o seu traballo poida ser titorizado polo docente, realizará unha proba sobre os contidos teóricos, que suporá o sesenta por cento da cualificación final, e outra sobre os contidos prácticos, que representará o corenta por cento da cualificación final. Para superar a materia será preciso que en cada unha das partes (teórica e práctica) acade un cincuenta por cento da cualificación establecida para cada parte.

No seguinte enlace pódese consultar día/hora/lugar do examen (apartado datas exames):

 http://webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000