Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Teoría e institucións contemporáneas da educación
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Educación: Teoría e institucións contemporáneas da educación Código O05G110V01204
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 2c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Análise e intervención psicosocioeducativa
Coordinador/a
Fernández González, María Reyes
Correo-e ofoe-to@uvigo.es
Profesorado
Brea Castro, Millán
Fernández González, María Reyes
Web
Descrición xeral Como materia de formación básica, Teoría e Institucións contemporáneas da Educación, ten como finalidade introducir ao/á futuro/a graduado/a no universo educativo a través da análise da educación como práctica cultural presente en todas as sociedades e estreitamente relacionada con cuestións sociais, económicas e políticas. Persegue que este/esta coñeza e valore, nunha perspectiva crítica, o concepto de educación, os seus procesos, axentes e institucións, xunto coa súa evolución histórica e o proceso de configuración do sistema educativo. Busca igualmente unha comprensión histórica, contextual e crítica do fenómeno educativo, que oriente finalmente a súa praxe profesional nunha perspectiva reflexiva e transformadora. Tamén se analizan os aspectos básicos do desenvolvemento histórico da educación en España e en Galicia, prestando especial atención á Educación Infantil, e ao proceso de configuración da profesión docente nesta etapa educativa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000