Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Organización do centro escolar
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Esta sesión servirá para presentarlle aos estudantes a materia: competencias, contidos, planificación, metodoloxía, atención personalizada, avaliación e bibliografía.
Seminario A través dos seminarios abordaranse temas específicos, que permitan profundizar os contidos da materia. Farán actividades prácticas que complementen os contidos da materia.
Seminario A través delas o profesor facilitará e orientará aos estudantes no seu proceso formativo, tanto en aspectos relativos á materia ou ao proceso de aprendizaxe.
Traballo tutelado Nos traballos de aula os estudantes, de forma individual ou en grupos, realizarán proxectos supervisados polo profesor.
Lección maxistral A través desta metodoloxía farase a presentación dos temas loxicamente estruturados coa finalidade de facilitar información organizada seguindo criterios adecuados á finalidade dos mesmos. Consistirá na exposición verbal por parte do profesor dos contidos da organización escolar. Así mesmo, esta metodoloxía é propicia para a participación dos estudantes a través da formulación/contestación de preguntas, exposición de puntos de vista, etc.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000