Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Organización do centro escolar
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Esta sesión servirá para presentarlle aos estudantes a materia: competencias, contidos, planificación, metodoloxía, atención personalizada, avaliación e bibliografía.
Titoría en grupo A través delas o profesor facilitará e orientará os estudantes no seu proceso formativo, podendo ser obxecto de atención calquera das facetas ou dimensións que inciden no mesmo (aspectos académicos, actitudinais, persoais, sociais...). Computa na avaliación continua.
Seminarios A través dos seminarios abordaránse temas específicos, que permitan profundizar os contidos da materia. É dicir, utilizaranse como complemento das clases teóricas. Computan na avaliación continua.
Traballos de aula Os estudantes, de forma individual ou en grupos, realizarán proxectos supervisados polo profesor. Computan na avaliación continua.
Sesión maxistral A través desta metodoloxía farase a presentación dos temas loxicamente estruturados coa finalidade de facilitar información organizada seguindo criterios axeitados á finalidade dos mesmos. Consistirá na exposición verbal por parte do profesor dos contidos da Organización Escolar. Computa na avaliación continua.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000