Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Organización do centro escolar
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Tratarase de manter a mesma estrutura metodolóxica

* Metodoloxías docentes que se modifican
A lección maxistral farase por videoconferencia.
Os seminarios faranse subindo as actividades a realizar a moovi e as dúbidas resolveranse pro correo electrónico, videoconferencia ou foro moovi, previa comunicación ao profesorado.
O traballo tutelado levarase a cabo utillizando os mesmos medios ca nos seminarios.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías levaranse a cabo a través de correo electrónico, videoconferencia ou foro. Deberá avisarse ó profesorado mediante correo electrónico.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Os contidos serán os mesmos. Subiranse a moovi e o alumnado poderá plantexar as dúbidas a través de correo electrónico, videoconferencia ou foros.


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
Manterán o peso recollido na guía docente.

* Probas pendentes que se manteñen
Mantéñense as mesmas, salvo no caso da exposición oral e resposta ás preguntas plantexadas sobre o proxecto a realizar, este suprimirase e terase en conta únicamente os aspectos formais e a calidade dos traballos.



Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000