Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Organización do centro escolar
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A5 Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B1 Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da educación infantil
B2 Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva
B9 Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente debe perfeccionarse e adaptarse aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida
B10 Actuar como orientador de pais e nais en relación coa educación familiar no período 0-6 e dominar habilidades sociais no trato e relación coa familia de cada estudante e co conxunto das familias
B11 Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela no estudantado.
C8 Saber informar a outros profesionais especialistas para abordar a colaboración do centro e da docente na atención ás necesidades educativas especiais que se susciten
C12 Promover e colaborar en accións dentro e fóra da escola, organizadas por familias, concellos e outras institucións con incidencia na formación cidadá.
C20 Valorar a importancia da estabilidade e a regularidade na contorna escolar, os horarios e os estados de ánimo do profesorado como factores que contribúen ao progreso armónico e integral do estudantado.
C21 Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do periodo 0-3 e do periodo 3-6.
C26 Saber analizar os datos obtidos, comprender criticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións.
C27 Situar a escola infantil no sistema educativo español, no contexto europeo e no internacional.
C29 Valorar a importancia do traballo en equipo
C30 Participar na elaboración e seguimiento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e en colaboración co territorio e con outros profesionais e axentes sociais.
C31 Coñecer a lexislación que regula as escolas infantís e a súa organización.
C32 Valorar a relación persoal con cada estudante e a súa familia como factor de calidade da educación.
C59 Adquirir un coñecemento práctico da aula e da xestión desta.
C64 Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se poidan establecer nun centro
C66 Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social.
D1 Capacidade de análise e síntese
D2 Capacidade de organización e planificación
D3 Comunicación oral e escrita
D4 Coñecemento de lingua estranxeira
D5 Coñecemento de informática
D6 Capacidade de xestión da información
D7 Resolución de problemas
D8 Toma de decisións
D9 Traballo en equipo
D11 Habilidades nas relacións interpersoais
D12 Recoñecemento da diversidade e multiculturalidade
D13 Razoamento crítico
D14 Compromiso ético
D15 Aprendizaxe autónoma
D16 Adaptación a novas situacións
D17 Creatividade
D18 Liderado
D19 Coñecemento doutras culturas e costumes
D20 Iniciativa e espírito emprendedor
D21 Motivación pola calidade
D22 Sensibilidade por temas ambientais
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000