Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Desenvolvemento motor
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Educación física e a súa didáctica na idade infantil/O05G110V01503

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Psicoloxía: Psicoloxía da educación: Procesos de aprendizaxe infantil/O05G110V01205
Psicoloxía: Psicoloxía do desenvolvemento de 0-6 anos/O05G110V01104

 
Outros comentarios
1. Asistir ao primeiro día de clase resultarache moi beneficioso para comprender os obxectivos xerais da materia e a súa dinámica organizativa. Na primeira sesión da materia achegarase unha visión de conxunto e anticiparanse as tarefas e actividades que serán desenvolvidas. 2. Será especialmente importante acudir ás titorías das profesoras, así como a visita frecuente á plataforma docente da nosa Universidade TEMA. Nela poderás atopar todas as actividades que deberás realizar para a túa formación e a superación desta materia. 3. A túa condición de alumno/a da Universidade de Vigo, ábreche as portas a moitos recursos, ofertas e servizos. No SIOPE encontrarás toda a información sobre as posibilidades formativas, culturais e deportivas que podes encontrar na nosa Universidade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000