Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Desenvolvemento motor
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballo tutelado O estudante desenvolverá exercicios de diferente índole (mapas conceptuais, estudo de casos, deseño follas observación...) vinculados ao marco conceptual desenvolvido na sesión maxistral.
Estudo previo Trátanse de actividades dirixidas a motivar e tomar contacto de cara á iniciación a un bloque temático. Farase basicamente a través da lectura de artigos ou outros recursos bibliográficos.
Presentación Exposición escrita e oral por parte do alumnado ante o docente e compañeiros dun tema relacionado cun problema o situación abordado nas prácticas de laboratorio.
Prácticas de laboratorio Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas coa finalidade de adquisición de habilidades básicas e procedementais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvolveranse no laboratorio de avaliación motora ou ben na aula de educación física.
Lección maxistral Exposición dos contidos fundamentais da materia. A metodoloxía será participativa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000