Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Comunicación: Lingua galega
   Recomendacións


 
Outros comentarios
Estratexias de aprendizaxe Os estudantes que queiran superar a materia sen dificultades deben atender aos seguintes consellos: * O rendemento depende do estudo continuado da materia. É case imposible asimilar toda a materia mediante o estudo intensivo ao final do curso académico. A dificultade é maior se non se asiste ás clases ou se posterga a materia para outras convocatorias. * Os alumnos deben realizar individualmente os exercicios que propón o profesor, sen consultar cos compañeiros nin recorrer ao material de estudo. Os exercicios só serán eficaces se se realizan despois do estudo diario da materia impartida. * É moi conveniente que as lecturas se fagan de forma reflexiva, reparando no uso da linguaxe. Deste xeito, pódese obter un coñecemento intuitivo da lingua, que ten gran rendemento á hora de fixar na mente as formas e as estruturas correctas dun idioma. * Practicar a expresión oral resulta indispensable. Os galegofalantes han de evitar a enganosa suficiencia derivada da práctica oral do idioma, pois nun rexistro formal é indispensable unha fala depurada de dialectalismos, castelanismos e vulgarismos. Na avaliación desta destreza conta tanto a fluidez como a corrección.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000