Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Comunicación: Lingua galega
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas tipo test.
Proba oral.
20
Traballos tutelados Elaboración dun documento de expresión escrita: estrutura, construción sintáctica, cohesión, propiedade léxica, emprego axeitado de signos de puntuación. O texto mecanografado (20-23 liñas) presentarase conforme ás normas e aos modelos explicados na aula. O alumno entregará este escrito cando se presente á proba de expresión oral.
25
Outras EXAME 55
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONVOCATORIAS E CALENDARIO DE EXAMES

A ficha persoal, cos datos persoais, a foto pegada e a proposta de tema oral na parte posterior, debe entregarse no mes de xaneiro. Non se recolle despois deste tempo.

Alumnos que cursen por vez primeira lingua galega: quedan convocados ás 17 horas na primeira titoría de xaneiro.

Alumnos NON ASISTENTES, por motivos laborais ou doutra índole: quedan convocados no despacho (Pavillón 2) o último sábado de xaneiro ás 17 horas. Non se admiten excepcións.

O SISTEMA DE AVALIACIÓN É O MESMO PARA OS NON ASISTENTES. IDEM AS DATAS DOS EXAMES, QUE FIGURAN DESEGUIDO.

(1). Probas tipo test de lectura:

1ª primeiro xoves lectivo de febreiro

2ª primeiro xoves lectivo de marzo

3ª primeiro xoves lectivo de abril

(2). Traballo de expresión escrita: segundo xoves lectivo de febreiro. Inaprazable.

(3). Exame práctico. 1ª Convocatoria: 15 de maio, 9´30 h. Aula Multiusos. Inaprazable. Proba oficial.

(4). Exposición oral: nos días seguintes ao exame oficial, unha vez que se faga pública, no despacho do profesor, a lista de aprobados do exame oficial. É entón cando deben presentar tamén o traballo de expresión escrita (2) mecanografado, de acordo cos criterios sinalados na Guía de ortografía e morfosintaxe.

O Sistema de avaliación mantense idéntico para a 2º Convocatoria. Data: 29 de xuño 9´30h. Aula Multiusos.

Na 2ª convocatoria unicamente se avaliarán as competencias ou actividades non superadas na convocatoria correspondente ao cuadrimestre.

A superación do Exame Práctico (3) permite conservar esa nota para os seguintes cursos académicos. Nese caso mantéñense tamén, se están aprobadas, as notas da Comprensión Lectora, da Expresión escrita ou da Exposición oral. Estas prerrogativas PÉRDENSE se na Exposición oral a duración do relatorio é inferior aos dez minutos obrigados.

RECUPERACIÓN DAS PROBAS DE LECTURA TIPO TEST

- Alumnos de cursos precedentes que teñen pendentes estas probas.

Exame 1ª Convocatoria: día 15 de maio, 18 h. Aula Multiusos

Exame 2ª Convocatoria: día 29 de xuño, 18 h. Aula Multiusos

- Alumnos do curso regular. 2ª Convocatoria: día 29 de xuño, 18 h. Aula Multiusos

Titorías: martes e mércores de 17 h. a 20 h.

En caso de acudir ás titorías desde outra localidade, cómpre comunicalo a semana previa mediante correo electrónico a ramong@uvigo.es, por se a causa dalgún Consello de Departamento non puidese estar ese día. Este correo ten un uso restrinxido e o profesor non responderá a través del a dúbidas ou preguntas sobre a materia.

ORIENTACIÓNS AOS ALUMNOS

Todo o que comente o profesor na aula en relación coa lingua constitúe materia de estudo. Tamén o vocabulario que aparece nos exemplos e nos exercicios. A Guía de ortografía e morfosintaxe é un esquema para o seguimento das clases. Advírtese que pode ter engadidos ou modificacións en cada novo curso académico.

Os alumnos que aproben os tres libros e non superen a materia neste curso deberán repetir as 3 probas de comprensión lectora no curso seguinte, nas datas que se publicarán a tal efecto, a menos que aproben os tres libros con 8´5 como cualificación mínima en todos: neste caso manterán a nota neste apartado ata a fin dos seus estudos.

Todas as notas estarán expostas durante un mes no despacho (Edificio 2, planta baixa, nº 6). Os estudantes deben ser responsables e preocuparse de coñecelas e de apuntalas. Por iso, o profesor non atenderá a preguntas relativas ás cualificacións de cadaquén (nin no presente curso nin nos sucesivos).

Por se puidesen producirse cambios de última hora, no seguinte enlace pódese consultar día/hora/lugar do examen (apartado datas exames):

 http://webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000