Educational guide 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Comunicación: Lingua galega
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral Exposición dos temas da materia, incidindo nas dificultades e nos erros máis comúns.
Resolución de problemas Nas clases prácticas corríxense os exercicios (iniciados na aula ou na casa tras o estudo da materia), e despois coméntanse as dúbidas que puidesen quedar. Cada novo exercicio recolle aspectos esencias do tema acabado de tratar e aspectos varios dos temas anteriores para propiciar unha retroalimentación da aprendizaxe.
Traballo tutelado Elaboración dun texto escrito seguindo unha destas modalidades: o enfoque creativo do narrador-autor ou o enfoque expositivo e crítico do xornalista-ensaísta. Trátase de aprender os procedementos específicos e os procedementos comúns de ambos enfoques: como se elabora un texto, as técnicas para citar apropiadamente, de que maneira se debe proceder para transmitir unha información de forma precisa e clara, cales son as pautas axeitadas para a presentación dun traballo escrito, en que consiste a corrección lingüística, a cohesión estrutural e o uso axeitado dos signos de puntuación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000