Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Comunicación: Lingua galega
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios Nas clases prácticas corríxense os exercicios (iniciados na aula ou na casa tras o estudo da materia), e despois coméntanse as dúbidas que puidesen quedar. Cada novo exercicio recolle aspectos esenciais do tema recén tratado e aspectos varios dos temas anteriores para propiciar unha retroalimentación da aprendizaxe.
Traballos tutelados Elaboración dun texto escrito seguindo unha destas modalidades: o enfoque creativo do narrador-autor ou o enfoque expositivo e crítico do xornalista-ensaísta. Trátase de aprender os procedementos específicos e os procedementos comúns de ambos os dous enfoques: como se elabora un texto, cales son as técnicas para citar apropiadamente, de que maneira se debe proceder á hora de transmitir unha información, cales son as pautas axeitadas para a presentación dun traballo escrito, en que consiste a corrección lingüística, a cohesión estrutural e o uso axeitado dos signos de puntuación.
Presentacións/exposicións Exposición oral dun tema de libre elección durante un mínimo de dez minutos. O tema debe ter o prace previo do profesor e ha de figurar na parte posterior da ficha.
Actividades introdutorias Presentación do sistema de traballo que debe interiorizar cada alumno para conseguir uns bos resultados.
Avaliación inicial mediante un modelo de exame semellante ao que o discente deberá afrontar para superar a materia.
Explicación das modalidades básicas na elaboración dun texto escrito.
Estudos/actividades previos Lectura individual de tres obras literarias, que o profesor indicará cando comece o curso.
Sesión maxistral Desenvolvemento do programa da materia, con especial atención á gramática do idioma.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000