Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Comunicación: Lingua galega
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2020_21
Materia Comunicación: Lingua galega Código O05G110V01201
Titulacion
Grao en Educación Infantil
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 FB 1 2c
Lingua impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía galega e latina
Coordinador/a
Iglesias Álvarez, Ana María
Correo-e
Profesorado
Web
Descrición xeral A especialidade de Grao en Educación Infantil esixe que o futuro docente posúa, ademais dunha ampla formación en aspectos psicopedagóxicos, un dominio cabal da ferramenta básica e imprescindible na comunicación: a lingua. Tal competencia é condicion sine qua non para a transmisión de coñecementos e para formar os discentes dun xeito integral. Tres son as destrezas que os profesores deben perfeccionar nas aulas para alcanzar os obxectivos inherentes á aprendizaxe desta materia: a capacidade lectora (comprensión, ritmo, dicción), a expresión oral (corrección, claridade, fluidez) e a expresión escrita (corrección, cohesión, propiedade).

O futuro mestre de Educación Infantil deberá, polo tanto, adquirir un nivel adecuado de lingua galega que lle permita o dominio das destrezas arriba sinaladas (lectura expresiva, expresión oral e expresión escrita) para levar a cabo unha tripla tarefa: utilizar a lingua galega como lingua normal no ensino, servir de modelo de corrección lingüística aos seus alumnos e detectar e corrixir os erros que estes poidan cometer na lingua oral e na escrita.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000