a. Poder usar as aportacións teóricas da socioloxía como unha ferramenta de análise e comprensión da realidade.
b. Analizar a educación (infantil) como un feito social, as funcións do sistema educativo, a súas transformacións e conflitos.
c. Coñecer a evolución da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e educación no contexto familiar para poder interactuar coas familias.
d. Comprender as demandas institucionais da educación (infantil) no contexto actual (familia, relacións de xénero e interxeracionais, multiculturalidade e interculturalidade, discriminación e inclusión social, desenvolvemento sostible, impacto das linguaxes visuais).
e. Analizar o impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das tecnoloxías, os cambios nas relacións de xénero e interxeracionais, a multiculturalidade e a interculturalidade, a discriminación e inclusión social e o desenvolvemento sostible.
f. Poder levar a cabo e avaliar as accións dentro e fóra dos centro educativos destinadas á formación cidadá.
g. Descubrir os aspectos sociais non pedagóxicos implicados nos procesos educativos (conxuntura económica, evolución do mercado de traballo, transformacións sociais...).
h. Adquirir destrezas para recabar información e analizala sobre os puntos anteriores a través do traballo autónomo e en equipo.
i. Comprensión de textos complexos, resumir e articular información complexa ou de fontes diferentes.
j. Competencias para tarefas colaboradoras: capacidade de escoitar e comprender os demais, capacidade para facerse entender (oral, escrita), adaptación e calendarios de traballo e a cumprimentación das tarefas e os tempos, adaptar e reorganizar o traballo, asumir a responsabilidade propia e do grupo. |
CB1 CB2 CB3 CB4 CB5
|
CG2 CG5 CG7 CG9 CG10 CG11 CG12
|
CE1 CE4 CE10 CE11 CE12 CE13 CE14 CE23 CE24 CE25 CE26 CE27 CE28 CE29 CE30 CE31 CE36 CE37 CE43 CE48 CE62 CE63 CE64 CE66 CE67
|
CT1 CT2 CT3 CT5 CT6 CT7 CT8 CT9 CT10 CT11 CT12 CT13 CT14 CT15 CT16 CT17 CT18 CT19 CT20 CT21
|