Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía do desenvolvemento de 0-6 anos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Exercicios, traballos e actividades realizadas na aula baixo as directrices ou supervisión do profesorado. Pode estar vinculada ao desenvolvemento de actividades autonomas do estudante. 10
Presentacións/exposicións Presentación por escrito e exposición na aula, individualmente ou en grupos, dos traballos desenvollvidos. 20
Traballos tutelados O estudante presenta por escrito e oralmente, actividades ou exercicios adaptados ao alumnado de educación infantil. 20
Outras Traballo autónomo tutelado relacionado cos contidos da materia 30
Cartafol/dossier Carpeta que inclúe de forma sistematizada un conxunto de documentos e evidencias realizados polos estudantes de xeito individual e colectivo que son indicadores de cal foi o seu traballo respecto a un proxecto de traballo determinado, na que debe mostrarse dominio abondo dos contidos, relacións significativas entre os contidos e debe estar expresada de xeito sistematizado e coherente. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na convocatoria de Xullo, únicamente se avaliarán as competencias ou actividades non superadas na convocatoria correspondente ao seu cuadrimestre.

No caso de que algún estudante non poida ser obxecto dunha avaliación continua, nin o seu traballo poida ser titorizado polo docente, ademáis de presentar un traballo relacionado coa materia, individualmente ou en pequeno grupo, realizará unha proba de elaboración que terá en conta tanto os contidos teóricos como os contidos prácticos, onde a nota final será a media entre as duas obtidas, e tendo que estar ambas superadas, para poder ser calculada.

No seguinte enlace pódese consultar día/hora/lugar do examen (apartado datas exames):

 http://webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000