Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Novas tecnoloxías aplicadas á educación infantil
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Tarefas de ampliación de contidos da materia e realización de actividades vencellados ás clases teóricas 10
Prácticas en aulas de informática Produción das actividades prácticas de laboratorio. 25
Cartafol/dossier Resultados das actividades prácticas de laboratorio en formato e-portfolio. Inclúe a defensa e a exposición do produto final e a sesión póster. 25
Probas de tipo test Probas tipo test e de resposta breve sobre os contidos teóricos da materia. 30
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Probas tipo tema ou de resposta longa sobre os contidos teóricos da materia 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- Para superar a materia é necesario ter unha puntuación mínima na teoría (2'5 puntos sobre 5) e nas prácticas (2'5 puntos sobre 5). As competencias non adquiridas na convocatoria de xuño serán avaliadas na de xullo e, de no superarse, non se gardarán as notas para o curso seguinte.

- Para ser calificados/as a través da avaluación continua requírese a asistencia do alumnado, ó menos, ó 70% das sesións prácticas e teóricas respetivamente. Outras situaciones excepcionais que merezan un trato específico analizaranse no seu momento.

- As datas de realización do exame final-oficial, que realizará obrigatoriamente o alumnado non asistente para superar a materia serán as que figuran no calendario de exames da Facultade.

- O lugar de publicación das calificacións e da revisión será no taboleiro de anuncios do despacho do profesoradado responsable e/ou na Plataforma Tema-Faitic ou en calquera outro espazo dixital que se lle especifique. Se o alumno/a non o especifica durante a primeira semana de clase, enténdese que da o seu permiso para que os seus datos (nome completo e DNI) aparezan nos listados de notas, tanto en Faitic como noutro espazo. A data de revisión será a publicada pola facultad ou no seu defecto polo profesorado.

- Segundo a normativa vixente, con independencia da sua asistencia ou non as clases, o alumnado gozará de condicións equivalentes de avaliación.

Na Web da Facultade pódese consultar día/hora/lugar do examen (apartado datas exames).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000