Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Novas tecnoloxías aplicadas á educación infantil
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballo tutelado O alumnado desenvolve exercicios ou proxectos vinculados a cada un dos temas.
Seminario Entrevistas que o alumnado mantén co profesorado da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe. Van encamiñadas a guiar todo o proceso de aprendizaxe proporcionando documentación, resolvendo dúbidas, orientando traballos, corrixindo propostas, etc.

Prácticas con apoio das TIC Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedementais relacionadas coa materia. Desenvólvense a través das TIC de forma autónoma. A última práctica consistirá na exposición e defensa dos traballos desenvolvidos.
Aprendizaxe-servizo O ApS (Aprendizaxe-Servizo) é unha metodoloxía de ensino e aprendizaxe grazas á cal o alumnado pon en práctica coñecementos e desenvolven habilidades e actitudes mediante un servizo á comunidade.
Combina dous elementos: aprendizaxe a través da experiencia e o servizo á comunidade.
A participación neste proxecto será voluntaria. Formará parte da avaliación da materia para quen participara no mesmo
Lección maxistral Exposicións sobre contidos da materia, bases teóricas e/ou directoras dun traballo, exercicio ou práctica a desenvolver individual ou en grupo.
Aprendizaxe colaborativa Comprende un grupo de procedementos de ensino que parten da organización da clase en pequenos grupos mixtos e heteroxéneos onde o alumnado traballa de forma coordinada entre si para desenvolver tarefas académicas e afondar na súa
propia aprendizaxe.

Esta materia forma parte do Proxecto de innovación docente da Facultade de Educación e Traballo social
Gamificación A aplicación de mecánicas propias dos xogos para as súas aplicacións nos procesos de aprendizaxe nun entorno lúdico que propicia a motivación, implicación e diversión.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000