Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Novas tecnoloxías aplicadas á educación infantil
   Contidos
Tema Subtema
PARTE TEÓRICA 10 temas
Tema 1: As TIC na sociedade da información 1.1. Alfabetización tecnolóxica e competencia dixital
1.2. Impacto social e educativo da cultura audiovisual e dixital
1.3. Papel dos centros educativos na sociedade da información
Tema 2: A integración das TIC en contextos educativos

2.1. Factores que influen na súa integración
2.2. Perspectivas curriculares e modelos de integración das TIC
2.3. Proxectos europeos, nacionais e galegos de implantación das TIC nos centros
2.4. m-learning (mobile learning) e o movemento BYOD (Bring Your Own Device) nos centros educativos.
Tema 3: Recursos multimedia para a educación

3.1. Concepto, clasificación e características dos multimedia educativos
3.2. Funcións e orientacións para o uso didáctico do multimedia educativo
3.3. Selección e avaliación de multimedias educativos.
3.4. Deseño e elaboración de materiais didácticos multimedia.
Tema 4: Recursos web para a educación

4.1. Ferramentas de comunicación en educación
4.2. Aplicacions educativas da Web 2.0
4.3.Metodoloxías de traballo con Internet na aula: webquest, cazas do tesouro...
Tema 5: Novas posibilidades educativas e desafíos na rede

5.1. Seguridade da infancia en Internet
5.2. Entornos virtuais de ensinanza-aprendizaxe
5.3. Traballo colaborativo con TIC
5.4. Realidade aumentada
Tema 6: A linguaxe audiovisual e os medios de comunicación de masas

6.1. Lectura de imaxes. A imaxe dixital.
6.2. A televisión e a publicidade na aula.
6.3.Outros medios de comunicación de masas na aula.
Tema 7: Utilización educativa do vídeo e do cine

7.1. Funcións do vídeo na ensinanza
7.2. Metodoloxía, uso e explotación didáctica dos vídeos
7.3.Integración do cine en educación
Tema 8: Inclusión educativa con apoio das TIC
8.1. As tecnoloxías de apoio a diversidade: tipoloxías e funcións.
8.2. Criterios para a súa inclusión no curriculum.
8.3. Ventaxas e criterios para o uso das TIC na inclusión do alumnado.
Tema 9: Novos recursos TIC para os procesos de ensino- aprendizaxe 9.1. Do libro de texto ao libro dixital
9.2. Metodoloxía de traballo coa pizarra dixital interactiva (PDI) na aula
9.3. Espazos TIC: aula de informática, ordenador na aula ou aprendizaxe ubicua
Tema 10: A avaliación e a titoría a través das TIC

10.1. O portafolio e a rúbrica para a avaliación e seguemento de aprendizaxes
10.2. A acción titoríal mediada por TIC
PARTE PRÁCTICA
Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa materia. Desenvólvense a través das TIC de xeito autónomo en espazos especiais con equipamento especializado. As prácticas, que se concretarán na primeira semana de clase en función dos coñecementos previos dos alumnos e a disponibilidade de recursos, serán proxectos de traballo individuais ou en pequeno grupo e xirarán en col dos seguintes eixos:
1. Ferramentas para o traballo colaborativo en rede.
2. Análise e selección de materiais e recursos educativos en formato dixital
3. Planificación e deseño de materiais e recursos educativos en formato dixital
4. Ferramentas para a titoría, xestión e organización do centro e aula.
5. Periódico escolar dixital
6. TV e radio dixital escolar
7. Dispositivos móbiles na aula (tablets, smartphone, iPod...) e BYOD
8. Protección de datos e seguridade da infancia en Internet
9. Realidade aumentada
10. Libros electrónicos
11. Stop-motion
12. Mapas sonoros xeo-referenciados
13. Robótica en educación infantil
14 Calquera outro relacionado coa materia e previamente negociado coa profesora

O produto final será un E-PORTFOLIO que se elaborará ao longo do cuadrimestre e que deberá conter, entre outros, a colección ou recompilación en formato dixital de cada unha das tarefas e reflexións que cada alumno irá ensamblado, mantendo e coidando.

O resultado final da parte práctica será defendido oralmente ao final do cuadrimestre. Dita sesión incluirá a defensa dunha parte do proyecto en inglés e unha sesión póster.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000