A materia de LINGUA ESPAÑOLA ten como finalidade unha aproximación teórico-práctica ao estudo da lingua española desde un punto de vista normativo e descriptivo, xa que 'comprender e saber comunicar' son saberes prácticos que han de apoiarse no coñecemento reflexivo sobre o funcionamento da linguaxe e as súas normas de uso, e implican, por unha banda, a capacidade de tomar a linguaxe como obxecto de reflexión e análise e, por outra, o coñecemento e aplicación efectiva das regras do funcionamento do sistema da lingua e das estratexias necesarias para interactuar lingüísticamente dun xeito adecuado. En consecuencia, os discentes deberán adquirir, ademais, aquelas destrezas necesarias que, como futuros profesionais, perfeccionarán nas clases para conseguir os obxectivos inherentes ao ensino-aprendizaxe desta materia: competencia lectora, expresión oral, expresión escrita e análise-interpretación de textos orais ou escritos.Para contextualizar e posibilitar o logro destes obxectivos se articula un tema introductorio ás ciencias da linguaxe e a comunicación.