Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Ourense): Orientación
 Materias
  A Convivencia nos Centros de Secundaria e o Traballo dende Departamento de Orientación
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia A Convivencia nos Centros de Secundaria e o Traballo dende Departamento de Orientación Código O02M066V06253
Titulación
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Ourense): Orientación
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
4 OB 1 2c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Barreira Arias, Alberto José
Correo-e abarreira@uvigo.es
Profesorado
Barreira Arias, Alberto José
Web
Descrición xeral A materia “ A convivencia nos centros de secundaria e o traballo desde o departamento de orientación”, está
integrada no módulo específico do Máster Universitario para o Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas.
O contido desta materia pretende ser unha ferramenta eficaz, práctica e operativa para o estudiante –futuro
docente- ó tratar de respostar a retos trascendentes que se dan habitualmente nos centros educativos e nas propias aulas. Dada a complexidade que se produce sobre a convivencia escolar é preciso dotar de recursos e asesorar aos docentes e demais persoal da comunidade educativa.
O incremento dos problemas de conduta nas aulas, a deteción de situacións de acoso e o deterioro do clima educativo nos centros escolares promoveu, nos últimos anos, unha importante corrente de traballo para a
mellora da convivencia nos mesmos.
Trataremos de formar nos fundamentos teóricos, legais e nos plans de actuación para a mellora da convivencia e a aprendizaxe escolar de cada comunidade e o coñecemento e formación para o desenvolvemento de propostas de intervención aplicadas a: mellora do sistema disciplinario (coa formación de equipos de
mediación e tratamento de conflitos), xestión dos problemas da aula, optimización do proceso de ensino-aprendizaxe (a través da Aprendizaxe Cooperativa) e intervención individual (con actuacións específicas para situacións de acoso e victimización).Pretendemos que esta aprendizaje potencie unha actitude colaborativa no ámbito da convivencia.
Levarase a cabo un enfoque preventivo e promotor dun clima escolar enriquecedor e estimulante que facilite a adquisición de competencias e habilidades e a educación en valores.
Esta asignatura pretende facilitar a reflexión e análise crítica sobre os procesos de interación e convivencia
na aula así como a aprendizaxe de técnicas e ferramentas de intervención psicosocial e titorial para o futuro docente.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000