| Prácticas con apoio das TIC |
Valoración de deseños, de técnicas e recursos confeccionados. Ata 4 punto sobre 10. |
40 |
|
B12
|
|
D1 D2 D3
|
| Aprendizaxe colaborativa |
O alumnado desenvolverá en grupo diferentes exercicios, prácticas, problemáticas ou estudos de caso para aprofundar ou ampliar os contidos teórico-prácticos da materia.
Para a calificación terase en conta a fundamentación na que se apoia o desenvolvemento, a capacidade crítica, emprego de estratexias colaborativas e a proxección práctica amosada desde o oportuno razoamento. Ata 1,5 puntos sobre 10.
|
15 |
|
B4 B16
|
C7
|
D1 D2 D3
|
| Cartafol/dossier |
Valoración da organización de evidencias e da realización dun informe escrito que poña de manifesto a actividade desenvolta. Ata 2 puntos sobre 10. |
20 |
|
B3 B4 B17
|
C7
|
D2
|
|
OBSERVACIÓNS O estudantado que non supere a materia por avaliación continua debe realizar un exame escrito que recolla
os contidos fundamentais da materia, cunha valoración de ata 7/10 puntos
(sendo necesario acadar un mínimo de 3,5 ptos para computalos cos obtido
no traballo). Terá que levar a cabo un traballo
que concretará e orientará a profesora, cunha valoración de ata 3/10 puntos (sendo necesario acadar un mínimo de
1,5 ptos para computalos cos obtido no exame). O traballo deberá ser entregado en moovi alomenos unha semana antes da data oficial do exame e a súa entrega previa é requisito para poder presentarse ao exame oficial. O profesorado disporá do traballo antes da data do exame oficial. Para superar a materia na avaliación final é obrigatorio ter presentado, tanto o traballo, coma acudir ao exame nas datas sinaladas para cada parte e obtener, alomenos, a mínima puntuación
anteriormente sinalada. A data do exame será a oficial e figurará en internet na páxina oficial do título. De non acadar a mínima puntuación nalgunha parte (traballo ou exame) na Acta académica figurará a cualificación resultante da súa media aritmética. Os prazos das entregas das actividades, traballos, etc. serán comunicados polo profesorado na clase e/ou na plataforma de
teledocencia empregada na materia e é necesario cumprilos para ser cualificados na avaliación continua ou final. Máis información sobre o proceso de avaliación así como sobre o tipo de
exame, as orientacións para a realización do traballo, data de entrega, etc.
será facilitada baixo demanda do alumnado que o precise, ao non poder superar a
materia por avaliación contiua. Na web do mestrado poden consultarse as datas do exame oficial, lugares, horas, etc: http://mpe.uvigo.es/gl/ As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico. OUTRAS
OBSERVACIÓNS: En
coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e
Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades
específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa
PIUNE (PAT). |