Educational guide 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Ourense): Orientación
 Materias
  A Innovación e a Investigaicón Educativa como Factores para a Mellora e o Asesoramento Escolar
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas.
Resolución de problemas de forma autónoma Actividade na que se resolverán diferentes situacións problemáticas relacionadas coa materia. O alumno/a aplicará procedementos para a transformación e interpretación da información. Adóitase empregar como complemento da lección maxistral.
Prácticas con apoio das TIC Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas, e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa materia obxecto de estudo, desenvolvidas con recursos dixitais.
Aprendizaxe colaborativa Para o traballo a realizar partirase, no posible, da organización en pequenos grupos mixtos e heteroxéneos onde o alumnado traballe de forma coordinada entre si para desenvolver tarefas académicas e afondar na súa aprendizaxe.
Cartafol/dossier Recopilación sobre o traballo realizado pola/o estudante coa finalidade de amosar o seu progreso e logros. O cartafol debe incluír a actividade principal desenvolta polo alumno/a, coas evidencias, a análise e a autorreflexión pertinente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000