Guia docente 2019_20
Facultade de Ciencias da Educación
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Ourense): Orientación
 Materias
  Orientación Base Legal, Composición, Planes e Programas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condiciones establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu.
20 CG3
CG11
CG13
Estudo de casos Proba en que se expón unha situación ou problemática xa dada ou que pode darse, partindo dos diferentes factores involucrados, a análise dos antecedentes, condicións, da situación, etc. Neste sentido o plan de acción titorial constituirá a fonte principal de situacións a expor. 20 CG3
CE7
CE31
CT1
Traballo tutelado O estudante presentará o resultado obtido na elaboración, baixo a tutela do profesor/a, dun documento sobre a lexislación existente en España e Galicia en materia de Orientación académica e profesional en educación secundaria que incluirá algún comentario crítico.
Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
15 CG11
CE9
CE31
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo. 15 CG13
CG14
CT1
CT3
Traballo Realizar un plan de orientación académica e profesional tendo en conta os principios da orientación, os modelos teóricos, de intervención e institucionais vixentes paraun centro de secundaria. 15 CG3
CG13
CE7
CE9
Cartafol/dossier O/a estudante presentará un documento no que se recompila información sobre as experiencias, proxectos, tarefas e traballos realizados durante o proceso de formación nesta materia. 15 CE19
CE25
CT3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Quen non acreditase a través dos medios expostos a adquisición e desenvolvemento das competencias enumeradas no presente documento haberá de someterse a unha proba posterior de avaliación, con preguntas de resposta curta e longa (véxase puntos 2 e 3) e presentar os traballos correspondentes para a acreditación daquelas competencias non avaliables a través de proba de exame.

2. A asistencia é obrigatoria, polo que quen perda máis dun 15% da mesma deberá realizar unha proba de exame que constará de 10 cuestións, algunhas de resposta curta e outras de resposta longa, sobre os contidos da materia que se xulgará conforme aos criterios de logro das competencias e obxectivos da mesma. Asemade deberá entregar os traballos que lle encomende o profesor para avaliar as competencias que non poidan ser avaliadas mediante proba escrita de exame-

3. A proba terá lugar nas datas e horas que se sinalen pola dirección do mestrado.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000