Educational guide 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Ourense): Orientación
 Materias
  Orientación Base Legal, Composición, Planes e Programas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu.
20 B3
B11
B13
C7
C31
D1
Traballo tutelado O estudante elaborará algún programa que poida aplicarse na Educación Primaria e/ou secundaria. 30 B11
C9
C23
C25
C31
D3
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo. 10 B13
B14
D1
D3
Traballo Realizar un plan de orientación académica e profesional tendo en conta os principios da orientación, os modelos teóricos, de intervención e institucionais vixentes para un centro educativo que indique o profesor da materia. 40 B3
B13
C7
C9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Quen non acreditase a través dos medios expostos a adquisición e desenvolvemento das competencias enumeradas no presente documento haberá de someterse a unha proba posterior de avaliación, con preguntas de resposta curta e longa (véxase puntos 2 e 3), esta proba terá un peso dun 40% na nota. Deberá tamén presentar os traballos correspondentes: A) elaboración dalgún programa que se poida aplicar en E. Primaria e/ou Secundaria, terá un peso dun 30% da nota. B) Realizar un Plan de Orientación Académico e Profesional para a etapa que indique o profesor, terá un peso dun 30% na nota. 

2. Avaliación Global: A asistencia é obrigatoria, polo que quen perda máis dun 20% deberá realizar un exame con preguntas de resposta curta e longa, preguntas de desarrollo sobre os contidos da materia,  que se xulgará conforme aos criterios de logro das competencias e obxectivos da mesma, esta proba terá un peso dun 40% na nota. Asemade deberá entregar os traballos que lle encomende o profesor para avaliar as competencias que non poidan ser avaliadas mediante proba escrita de exame, estes traballos serán: A) elaboración dalgún programa indicado polo profesor que se poida levar a cabo en E. Primaria e/ou Secundaria, terá un peso dun 30% da nota. B) Realizar un Plan de Orientación Académico e Profesional para a etapa ou etapas que lle indique o profesor, terá un peso dun 30% na nota.

3. A proba terá lugar nas datas e horas que se sinalen pola dirección do mestrado.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000