Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Ourense): Orientación
 Materias
  Orientación Base Legal, Composición, Planes e Programas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudantado. Resulta fundamental que as explicacións sirvan para axudar a comprender en términos legais e conceptuais o modelo institucional de orientación educativa e profesional que se acha vixente na Comunidade Autónoma de Galicia.
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Empregarase como complemento da lección maxistral. Os problemas que poden propoñerse son os que normalmente se lle presentan aos departamentos de orientación dos centros con etapas de educación. secundaria
Estudo de casos Análise dun feito ou problema real relacionado coa orientación psicopedagóxica coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. Supón a aplicación dos conceptos teóricos e legais que se imparten na materia.
Traballo tutelado Elaboración dun documento sobre orientación psicopedagóxica ou preparación de investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, videos, etc. Constiúe unha actividade autónoma do estudante que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción e exposición do resultado e que conta coa axuda e oseguemento do profesorado. Constiúe un elemento importante para a avaliación do alumnado e, xunto coa súa exposición, posúe un peso importante na súa cualificación
Debate Charla aberta entre un grupo de estudantes. Pode centrarse nun tema dos contidos da materia, na análise dun caso, no resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido previamente nunha sesión maxistral...
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, problema, exercicio, proxecto ou estudo de caso, normalmente tutelados polo profesorado. Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo e xunto coa elaboración e resultado do traballo como tal posúe un peso importante na cualificación do alumnado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000