Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Ciencias Sociais. Humanidades
 Materias
  Innovación e Investigación nas Ciencias Sociais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Actividades orientadas á resolución de exercicios prácticos na aula 40 B13
B16
C25
C26
C27
D1
D2
D3
Resolución de problemas de forma autónoma Actividades orientadas á resolución de exercicios prácticos na aula 40 B13
B16
C24
C25
C26
C27
D1
D3
Presentación Presentación/exposición 20 C24
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O
alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de Avaliación Continua
(AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A
avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o
procedemento e o prazo establecido polo centro. A elección de AG supón a
renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que
resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa
tiveron lugar.

AC.
En caso de non renunciar á avaliación continua:

Na
avaliación continua a nota final será o resultado de:

Realización
de varios exercicios/casos prácticos individuais e/ou en grupo durante a
asistencia ás sesións prácticas, así como entrega e exposición dun traballo
tutelado en cada parte da materia. A ponderación na cualificación final é dun 40%
correspondente ás actividades e traballo de cada parte, sendo o 20% restante asignado
á exposición.

Para poder acollerse a esta modalidade é preciso
ter unha asistencia ás sesións de clase de alomenos o 80%.

É
necesario acadar un mínimo dun 4.5 (sobre 10 puntos) no traballo dunha parte, para
poder compensa-la nota coa de avaliación continua e superar a materia.

AG
en primeira oportunidade

Seguirán
este proceso os estudantes que non sigan a avaliación continua. Unha vez
superado o período dun mes dende o comezo do cuadrimestre o centro habilitará o
procedemento e informará aos estudantes do prazo para que os matriculados
manifesten formalmente a súa intención de acollerse á modalidade de avaliación
global. Neste caso, o exame consistirá nunha proba na que se contestarán
preguntas de diversa índole tendo un peso de 100% da cualificación.

Convocatoria
extraordinaria e fin de carreira:

Emplearanse
os sistemas de avaliación continua e global expostos anteriormente, podendo
recuperar as competencias non adquiridas na convocatoria ordinaria para o cal mantense
a nota das probas/actividades xa superadas.

As
cualificacións de todas as probas, parciais ou finais, prácticas e actividades
só terán efectos no curso académico no que se propoñan.

Consulta
e/ou solicitude de titorías:

As
docentes teñen oferta de titorías presenciais ou virtuais en horario
concertado. Para concertar unha cita pódese facelo dende a Secretaría Virtual
en liña.

Outros:

A plataforma de aula virtual conta con ferramentas para detectar posibles
comportamentos anómalos e deshonestos, así como para detectar posibles plaxios
en traballos escritos. No caso de detección de plaxio nalgunha
proba/traballo/test/exame/actividade a cualificación final da materia será
Suspenso (0) e o feito será comunicado ao Decanato do Centro para que adopte as
medidas oportunas en cumprimento do artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudante
Universitario que establece o deber de "Absterse da utilización ou
cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos
traballos que se realicen ou en documentos oficiais da universidade".

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000