Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Ciencias Sociais. Humanidades
 Materias
  Ciencias Sociais na Educación Secundaria I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Actividades realizadas ou orientadas na aula 40 B6
C10
D1
Presentación Haberá exposicións por parte do alumnado en base aos traballos que realizan 40 B3
Observación sistemática Participación e implicación no desenvolvemento da materia 20 B8
C10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

ALUMNADO AVALIACIÓN CONTINUA

- Todos os estudantes que se presenten a calquera das probas enténdese que se acollen ao procedemento de avaliación continua recollido anteriormente.

- A avaliación anterior é válida para alumnos  que realicen avaliación continua. O alumnado deberá aprobar cada unha das probas de avaliación enumeradas anteriormente para superar a materia con un mínimo dun 5.

- Se algún estudante non se presenta a algunha das probas asignaráselle a calificación de 0 nela.

- O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI atópase publicado na páxina web http://mpe.uvigo.es/gl/.

ALUMNADO DE AVALIACIÓN GLOBAL

- Considérsa que o estudantado  que non realice a presentación  de exposición oral e non asista a clases presencialemente optará pola avaliación global.

- Para o caso de alumnado que non opte pola avaliación continua, o procedemento será un conxunto de probas que representará o 100% da calificación da materia. Para superar a materia é IMPRESCINDIBLE sacar unha puntuación igual ou superior a 5 sobre 10.

Proba 1: Resolución de problemas 

Descripción: Proba obxectiva que incluirá avaliación de conceptos prácticos.

Metodoloxía aplicada: Resolución de problemas e/ou exercicios

% Cualificación: 60%

% Mínimo: Deberá obter un mínimo de 5 sobre 10.

Proba 2: Resolución de problemas e/ ou exercicios

Descripción: Proba obxectiva que incluirá avaliación de conceptos teóricos aplicados.

Metodoloxía aplicada: Resolución de problemas e/ou exercicios

% Cualificación: 40%

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA E FIN DE CARREIRA

- Empregaranse os sistemas de avaliación continua e global expostos anteriormente.

PROCESO DE CUALIFICACIÓN EN ACTAS

- Independentemente do sistema de avaliación e a convocatoria, en caso de non superar algunha parate da avaliación, pero a puntuación global fora superior a 4 sobre 10, a calificación en actas será de 4.

DATAS AVALIACIÓN

- As datas das probas correspondentes ao sistema de avaliación continua publicaranse no calendario de actividades dispoñible na páxina web  http://mpe.uvigo.es/gl/

- As datas oficiais de exame das diferentes convocatoria, aprobadas oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI, atópanse publicadas  na páxina web  http://mpe.uvigo.es/gl/

EMPREGO DE DISPOSITIVOS MÓVILES

Lémbrase a todo o alumnado a prohibición do uso de dispositivos móviles en exercicios e prácticas non habilitados para iso, en cumprimento do artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudante Universitario.

CONSULTA E/OU SOLICITUDE DE TITORÍAS

As titorías consultaranse a través da páxina persoal do profesorado, accesible a través de http://mpe.uvigo.es/gl/docencia/profesorado/

O profesor pode establecer un sistema integral para o traballo en aula, traballos tutelados e presentacións/exposicións, e en base a este sistema realizar a avaliación.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000