Deseño Curricular e Organización de Centros Educativos
Código
O02M066V05103
Titulación
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Ciencias Sociais. Humanidades
O Máster de Educación Secundaria obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas da
Universidade de Vigo é de tipo profesionalizante e ten carácter oficial. Por tanto este máster, como os da súa
clase, desembocará na adquisición dun título universitario da área de Educación. A formación neste máster
está orientada a capacitar aos licenciados, arquitectos, inxeneiros e graduados en áreas específicas
(xeografía e histórica, tecnoloxía e informática, etc.) para desenvolver o labor como profesores/as de
secundaria.
O seu contido curricular no plano de estudos agrúpase ao redor de tres módulos (común, específico e
prácticum), cun total de 60 créditos anuais. A materia de Deseño Curricular e Organización de Centros
Educativos forma parte do módulo común, ten carácter obrigatorio e conta con 4,5 créditos ECTS.