Guia docente 2019_20
Facultade de Ciencias da Educación
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Ciencias Sociais. Xeografía e Historia
 Materias
  Innovación e Investigación nas Ciencias Sociais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Traballo tutelado Presentación, defensa e entrega, nas datas sinaladas e conforme aos parámetros indicados, dos traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado. Valorarase o marco teórico, a estrutura e articulación do traballo, a reflexión crítica sobre as fontes e a bibliografía e a presentación e exposición formal do mesmo.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Coñecer e aplicar correctamente metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación. E planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisicion das competencias propias dos respectivos ensinos, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como a orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
50
CG3
CG12
CG13
CG16
CG18
CE25
CE26
CE27
CT1
CT2
CT3
Resolución de problemas Presentacións/Exposicións: Exposición por parte do alumnado de cuestións relativas aos contidos da materia ou dos resultados dun traballo, proxecto, etc., ben sexa de forma individual ou en grupo. 10
CG12
CE24
CT3
Resolución de problemas de forma autónoma Presentación e entrega, nas datas sinaladas e conforme aos parámetros indicados, dos exercicios prácticos sinalados.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Analizar de modo crítico o labor docente empregando indicadores de calidade e coñecer a normativa e organización institucional do sistema educativo e modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros de ensino.
40
CG3
CG13
CG16
CG17
CE24
CE25
CT1
CT3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
O alumnado poderá recuperar as competencias non adquiridas na primeira convocatoria mantendo a nota das probas/actividades xa superadas. Os/as estudantes que non poidan asistir a clase contarán con actividades e probas alternativas. No caso de non superar as competencias asignadas, deberán presentarse ás probas fixadas e na data prevista pola coordinación do Mestrado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000