Educational guide 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Ciencias Sociais. Xeografía e Historia
 Materias
  Aprendizaxe e Ensinanza de Historia e Historia da Arte na Educación Secundaria
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteranse todas as actividades docentes (leccións maxistrais, estudo de caso, resolución de problemas…) mediante a utilización de Moovi e Campus Remoto.

* Metodoloxías docentes que se modifican
No caso de que non se poda realizar a saída de estudos, esta será substituída por unha saída virtual utilizando os recursos online que ofrecen tanto organismos públicos como institucións culturais.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
A atención personalizada levarase a cabo combinando a utilización de Moovi e do Campus Remoto.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non se modificarán os contidos.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Ampliaranse na medida do posible as referencias a recursos electrónicos e dixitalizados.

* Outras modificacións
Non se realizarán outras modificacións.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Consérvanse as probas e porcentaxes de avaliación da materia.

* Información adicional
Os exames serán realizados a través das aulas do Campus Remoto e de Moovi, e a súa entrega se realizará, sendo posible, a través dunha tarefa en Moovi. De existiren problemas técnicos insalvables, poderanse utilizar como vías alternativas o correo electrónico ou unha fotografía da proba enviada a través dun móbil.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000