Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Ciencias Sociais. Xeografía e Historia
 Materias
  Ciencias Sociais na Educación Secundaria I
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias
Coñecer os contidos curriculares das materias de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia na Educación Secundaria. CG1
CE6
CE14
CT1
Coñecer o corpus didáctico esencial relativo aos procedementos de ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais, a Xeografía e a Historia. CG2
CE10
CE11
CT1
Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais, a Xeografía e a Historia potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das ensinanzas de Ciencias Sociais, de acordo co nivel e formación previa dos estudantes e a orientación dos mesmos, tanto de xeito individual como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro. CG3
CE3
CE4
CE5
CE7
CE8
CE9
CT2
Buscar, obter, procesar e comunicar toda clase de información, transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino-aprendizaxe nas materias de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia. CG4
CE7
CE13
CT1
CT3
Deseñar e desenvolver metodoloxías didácticas no ámbito das Ciencias Sociais, a Xeografía e a Historia, tanto de grupo como personalizadas, adaptadas á diversidade dos estudantes. CG6
CE3
CE4
CE9
CE10
CT2
Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudante e promover a súa capacidade para aprender por si mesmo e con outros e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais. CG8
CE3
CE8
CT3
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000