Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Ciencias Sociais. Xeografía e Historia
 Materias
  Deseño Curricular e Organización de Centros Educativos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Valoraranse a implicación e adecuación de actividades relacionadas coa parte teórica e práctica da materia desenvoltas
polo alumno/a na aula.
30 B1
B2
B7
B16
B17
C13
C17
C27
D3
Aprendizaxe baseado en proxectos Valorarase o desenvolvemento de competencias a partir da integración de diversas estratexias de aprendizaxe con microdeseños, análises de situación/problemas ou casos, recursos dixitais, etc. 30 B3
B4
B5
B6
B10
C4
C13
C17
C22
C27
C31
D2
Traballo tutelado e traballos por proxectos. Este tipo de traballos poderán ser supervisados ó longo da súa realización a partir das consignas dadas pola/o docente. Valorarase a calidade dos traballos e/ou proxectos realizados de xeito individuaal ou en pequeno grupo. 40 B3
B4
B5
B6
B7
B10
B18
C4
C9
C19
C20
C22
C31
D1
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA: 

Este mestrado ten a modalidade de ensino presencial, polo tanto a asistencia a clase e a realización dos traballos de aula son obrigatorios para a avaliación continua. Esta asistencia debe ser a lo menos do 80% estando admitido faltar ó 20 % da presencialidade. 

Para superar a materia será preciso que os/as estudantes obteñan en cada proba como mínimo un 50% da cualificación nese apartado.

AVALIACIÓN GLOBAL

O alumnado que non poida seguir a avaliación continua realizará unha proba dos contidos da materia, na data marcada no calendario do mestrado para os exames oficiais. Esta proba suporá o 100% da nota final. Os pormenores e características de dita proba serán concretadas polo profesorado o día da presentación da materia ou cando se faga a consulta persoalmente.

Aqueles/as estudantes que non superen as probas ou actividades obxeto de avaliación poderán recuperalas na convocatoria de xullo, na que se avaliarán as competencias non adquiridas na 1ª oportunidade.

Poden consultarse as datas oficiais de avaliación da materia na web do Mestrado no espazo "exames".

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000