Código |
Descrición |
A1 |
Coñecer os contidos curriculares das materias relativas á especialización docente correspondente. |
A3 |
Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias dos respectivos ensinos, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro. |
A6 |
Deseñar e desenvolver metodoloxías didácticas tanto grupais como personalizadas, adaptadas á diversidade dos estudantes. |
A8 |
Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudante e promover a súa capacidade para aprender por se mesmo e con outros e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais. |
A18 |
Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a contornas educativas novas ou pouco coñecidos. |
A19 |
Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións. |
A25 |
Coñecer e aplicar recursos e estratexias de información, titoría e orientación académica e profesional. |
B1 |
Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet. |
B2 |
Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións. |
B3 |
Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarios |