Código |
Descrición |
A4 |
Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe nas materias propias da especialización cursadas. |
A16 |
Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación. |
A17 |
Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ao longo do seu posterior desenvolvemento profesional. |
A26 |
Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá. |
A32 |
Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización. |
A34 |
Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas. |
A35 |
Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares |
A47 |
Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente. |
B1 |
Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet. |
B2 |
Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións. |
B3 |
Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarios |