Guia docente 2026_27
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Máster Universitario en Xestión empresarial do deporte
 Materias
  Planificación estratéxica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Realización dun exame escrito de tipo test relativo aos contidos teóricos impartidos ao longo das sesións de clase. 30 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
C1
C2
C3
C9
D5
Traballo Realización de traballos e actividades similares correspondentes ao Bloque I (35% da nota) e ao Bloque II (35% da nota). 70 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
C1
C2
C3
C7
C9
D1
D2
D3
D4
D5
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de Avaliación continua (AC),ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG).

A avaliación pordefecto é a AC.

O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido polo Centro. 

A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas quexa tiveron lugar.

-- Avaliación continua. En caso de non renunciar á avaliación continua:

Neste caso o alumnado deberá realizar o conxunto de actividades e probas de avaliación descrito no apartado precedente que valerán o 35%, 35% e 30% da nota respectivamente.

É necesario alcanzar un mínimo de 3.5 (sobre 10) en cada proba (en cada un dos traballos e actividades e no exame de tipo test) para poder compensar e superar a materia.

Os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade, teñen dúas opcións:

- Realizar un exame na data oficial establecida pola Coordinación do Máster para os exames correspondentes á segunda oportunidade (mes de xullo), que supoñerá o 100% da cualificación. Mediante este exame, avaliaranse todas as competencias da materia.

- Conservar a nota obtida nos traballos e actividades do Bloque I e/o do Bloque II (35% cada un) e/ou na proba de tipo test (30%), sempre que sexa superior a 3.5 (sobre 10) e realizar, unicamente, as probas nas quenon alcanzaron a nota mínima de 3.5 (sobre 10). É necesario alcanzar un mínimo de 3.5 (sobre 10) en calquera das probas para poder compensala e superar a materia. No caso de que as notas dos traballos e actividades de cada Bloque e do exame tipo test na primeira oportunidade sexan superiores ao mínimo de 3.5 pero a nota global na primeira oportunidade non alcanzase os 5 puntos, o alumno deberá realizar o exame de tipo test (30%) na data oficial establecida pola Coordinación do Máster para os exames correspondentes á segunda oportunidade. Será suficiente alcanzar un mínimo de 5 (sobre 10) nesta proba para superar amateria (en tal caso, se a puntuación total é inferior a 5, a cualificación en actas será 5).

Se, en calquera das dúas oportunidades, non se aproba amateria por non alcanzar o mínimo nalgunha proba, e a puntuación total é igual ou superior a 5 (sobre 10), a cualificación en actas será 4.9 (sobre 10).

Para poder ser avaliado por este sistema hai que asistir polo menos ao 75% das horas de docencia presencial.

-- Avaliación global.

O alumnado será avaliado mediante unha proba teórico-práctica na data oficial fixada no calendario de exames da Facultade. Esta proba representa o 100% da nota.

No suposto de non superar a nota en primeira oportunidade, o alumnado poderá ser avaliado de novo na segunda oportunidade a través dunha proba teórico-práctica na data oficial fixada no calendario de exames do Master. Esta proba suporá o 100% da nota.

Os estudantes que nonparticipen na AC nin na AG, figurarán nas actas como “ non presentados ”.

As datas e horas dasprobas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Master(CAM) para o presente curso. En caso de conflito ou disparidade entre as datasde exames, prevalecerán as publicadas na web do Master: www.mbadeporte.es

Uso de IA en Traballos Académicos

Advertencia: O uso de ferramentas de intelixencia artificial (IA), incluíndo pero nonlimitándose á xeración de texto, creación de contido e asistencia nainvestigación, debe adherirse estritamente ás directrices de integridadeacadémica. Uso Incorrecto:

1. Plaxio: Presentar contido xerado por IA como propio sen adebida cita considérase plaxio e viola as políticas de integridade académica.

2. Falsificación: Utilizar a IA para fabricar datos,referencias ou calquera parte do traballo académico representa unhafalsificación da autenticidade do traballo.

3. Asistencia Non Ética: Depender da IA para completartarefas, ensaios ou traballos de investigación sen o recoñecemento adecuado noné ético e socava o proceso de aprendizaxe. 


Uso Adecuado: • Verificación: O contido xerado por IA debe serrevisado e verificado polo estudante ou investigador para asegurar a súaexactitude e relevancia. 

Consecuencias: O incumprimento destas directrices supoñerá unha cualificación de 0 (cero)na correspondente materia independentemente de que só se utilizou para untraballo ou parte da avaliación. Ademais, poden promoverse outras medidasdisciplinarias previstas pola Universidade.


Medios ilícitos e integridade académica



Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios
ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a cualificación e a calidade da
docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565



Na avaliación da materia terase en conta o establecido no Protocolo de
integridade académica da FCETOU. A detección de calquera conduta fraudulenta
(copiar, uso de materiais ou dispositivos non autorizados, uso indebido de IA,
etc.) poderá implicar a cualificación de cero na proba ou actividade
correspondente, sen prexuízo doutras medidas que procedan conforme á normativa
vixente.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000