Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde
 Materias
  Turismo Termal e de Saúde
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Necesaria a asistencia dun mínimo do 80% das sesións na modalidade presencial 10 A1
A2
A3
A4
A5
C4
C8
C11
C15
C16
Seminario Resolución de casos 30 B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B11
B13
C11
C16
Obradoiro Resolución de casos de aula 20 C8
C15
C16
Resolución de problemas de forma autónoma Realización de traballo/ 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame 20 A1
A2
A3
A4
A5
C4
C8
C11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá
elixir ser avaliado mediante o sistema de Avaliación Continua (AC), ou alternativamente
optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC.
O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido polo centro.
A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades
de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas
que xa tiveron lugar.

AC. En caso de
non renunciar á avaliación continua:

Modalidade presencial.
A materia require unha presencialidade na parte teórica (mínimo 80%) para poder
resolver as cuestións formuladas na aula así como para resolver o traballo da materia.
Así, a nota de avaliación continua suporá o 80% da nota final. O outro 20% corresponderalle
á realización dun exame da parte teórica. Para que se teña en conta a nota de avaliación
continua é necesario acadar unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 no exame.

Na modalidade semipresencial
e virtual, o estudante terá que realizar unha aprendizaxe propia dos contidos, e
a partir delas realizar as distintas actividades que se vaian propoñendo na materia
(normalmente 3 actividades). A avaliación e o control da aprendizaxe correspóndese
coa cualificación media obtida nesas actividades, sen prexuízo de que será necesario
superar un exame de control final para a súa validación.

AG en primeira
oportunidade

Seguirán este proceso
os estudantes que non sigan a avaliación continua. Unha vez superado o período dun
mes desde o comezo do cuadrimestre o centro habilitará o procedemento e informará
os estudantes do prazo para que os matriculados manifesten formalmente a súa intención
de se acoller á modalidade de avaliación global. Neste caso, o exame consistirá
nunha proba na que se contestarán preguntas de diversa índole tendo un peso de 100%
da cualificación.

As cualificacións
de tódalas probas, parciais ou finais, prácticas e actividades só terán efecto no
curso académico en que se propoñen.

Consulta e/ou solicitude
de titorías:
As docentes teñen oferta de titorías presenciais ou virtuais en horario concertado.
Para concertar unha cita pódese facelo desde a Secretaría Virtual en liña.

Outros: A plataforma de
aula virtual conta con ferramentas para detectar posibles comportamentos anómalos
e deshonestos, así como para detectar posibles praxios en traballos escritos. No
caso de detección de plaxio nalgunha proba/traballo/test/exame/actividade a
cualificación final da materia será Suspenso (0) e o feito será comunicado ao
Decanato do Centro para que adopte as medidas oportunas en cumprimento do
artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudante Universitario que establece o deber de
"Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas
probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais
da universidade".

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000