Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde
 Materias
  Turismo Interior e Rural
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Foros de discusión Actividade consistente en realizar contribucións a debates en foros sobre temas relacionados cos contidos da materia.

Cada participante do curso deberá de contribuír como mínimo con unha participación en cada foro que se cree.

Valorarase a calidade, rigor e relevancia dos comentarios, así como o uso de fontes de información adecuadas e rigorosas para fundamentar as propostas.
8 B1
B2
B5
B6
B10
B11
B13
C11
C15
C17
C18
C20
C21
Resolución de problemas de forma autónoma 4 traballos sobre cada un dos temas da materia.
Cada traballo terá un peso do 18% dentro da nota global.
En cada traballo valorarase:
- Precisión e claridade na exposición das ideas principais.
- Orde e coherencia de argumentos.
- Capacidade analítica, de relación, e o sentido crítico.
- Corrección formal.
- Correcto uso das fontes e referencias bibliográficas.
72 B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B12
B13
C7
C8
C9
C10
C11
C12
C13
C15
C16
C17
C20
Exame de preguntas obxectivas Proba de seguimento da adquisición das competencias e coñecementos da materia. 20 B1
B3
B6
B7
B8
C7
C8
C9
C10
C11
C15
C17
C20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O
alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua
(AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A
avaliación por defecto é a AC.



Para
ser avaliado mediante AG, o alumnado deberá comunicar a súa preferencia por
este sistema de avaliación á profesora coordinadora da materia, mediante o
envío dun correo electrónico con acuse de recibo, no prazo do 11 de setembro a
11 de outubro. A escolla de AG supón a renuncia ao dereito de seguir
avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida
até ese momento en calquera das probas que xa tiveran lugar.

SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA (AC). 

METODOLOXÍA/PROBA 1: Foro de discusión.

Descrición:  A docente proporá temas de debate
e reflexión a través de foros virtuais. Pedirase ao
alumnado que realice contribucións, achegando as súas consideracións e
realizando propostas desde as posicións diversas e diversos puntos de vista. A
finalidade é confrontar enfoques, visualizar posicións diferentes, desde territorios
diversos e comprensións multilaterais do turismo.

% Cualificación: 8%

--------------------------------------------------
--------------------------

METODOLOXÍA/PROBA 2: Traballo Tema 1.

Descrición: Proporanse actividades
sobre a temática “Teoría xeral do turismo interior”. Consistirán en
varias preguntas, ou problemáticas que o alumnado deberá responder, resolver e
analizar.

% Cualificación: 18%

% mínimo: Para a liberación
desta parte da materia, o alumnado deberá obter unha cualificación de 5 sobre
10.

--------------------------------------------------
--------------------------

METODOLOXÍA/PROBA 3: Traballo Tema 2.

Descrición: Proporanse actividades
sobre a temática “Patrimonio cultural e turismo”. Consistirán en varias
preguntas, ou problemáticas que o alumnado deberá responder, resolver e
analizar.

% Cualificación: 18%

% mínimo: Para a liberación
desta parte da materia, o alumnado deberá obter unha cualificación de 5 sobre
10.

--------------------------------------------------
--------------------------

METODOLOXÍA/PROBA 4: Traballo Tema 3.

Descrición: Proporanse actividades
sobre a temática “Turismo rural”. Consistirán en varias preguntas, ou
problemáticas que o alumnado deberá responder, resolver e analizar.

% Cualificación: 18%

% mínimo: Para a liberación
desta parte da materia, o alumnado deberá obter unha cualificación de 5 sobre
10.

--------------------------------------------------
--------------------------

METODOLOXÍA/PROBA 5: Traballo Tema 4.

Descrición: Proporanse actividades
sobre a temática “Turismo urbano”. Consistirán en varias preguntas, ou
problemáticas que o alumnado deberá responder, resolver e analizar.

% Cualificación: 18%

% mínimo: Para a liberación
desta parte da materia, o alumnado deberá obter unha cualificación de 5 sobre
10.

--------------------------------------------------
--------------------------

METODOLOXÍA/PROBA 6: Exame
test.

Descrición: A final de curso, na data oficial do exame da materia, realizarase
un exame, co fin de avaliar a adquisición e comprensión dos conceptos e
procesos esenciais relativos aos temas impartidos.

% Cualificación: 20%

% mínimo: Para a liberación
desta parte da materia, o alumnado deberá obter unha cualificación de 5 sobre
10 no conxunto do exame.

--------------------------------------------------
--------------------------

Aclaracións sobre a avaliación continua:



No caso de que algún alumno/a non supere o exame tipo
test e/ou algún traballo na 1ª oportunidade (1ª edición de actas). É dicir, no
caso de que non se presente a algunha destas probas, ou obteña unha nota
inferior a 5 en algunha destas probas:


  • Poderá
    recuperar o exame e/ou traballo suspenso/s na data oficial establecida
    para a 2ª edición de actas.

  • O alumnado que se atope nesa situación tería unha cualificación de
    suspenso na primeira oportunidade (1ª edición da acta). A nota numérica que lle aparecería en actas na primeira
    oportunidade sería a correspondente á media ponderada das diferentes
    probas de avaliación, e en caso de que a media dese aprobado,
    apareceríalle unha cualificación de 4,9.



A avaliación será a mesma para as 3 modalidades de docencia:
presencial, semipresencial e online.

SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL (AG)

PRIMEIRA PARTE DA PROBA: Exame
tipo test.

Descrición: Proba obxectiva que
valorará a adquisición e comprensión dos conceptos e procesos esenciais da
materia.

% Cualificación: 30%

% mínimo: Para a liberación
desta parte da materia, o/a estudante deberá obter unha nota igual ou superior
a 7 puntos (sobre 10).

--------------------------------------------------
--------------------------

SEGUNDA PARTE DA PROBA: Exame
de cuestións teórico-prácticas.

Descrición: Proba que incluirá
avaliación de conceptos teóricos e resolución de problemas.

% Cualificación: 70%

--------------------------------------------------
--------------------------

Aclaracións sobre a avaliación global: O estudantado que siga o sistema
de avaliación global deberá obter polo menos un 7 sobre 10 no exame de
preguntas obxectivas (primeira parte da proba). A nota numérica que figuraría na acta para o
alumnado que non acade esta nota mínima, sería a nota obtida nesa proba, cando
fose inferior a 4,9. Se esa nota fose igual ou superior a 4,9, aparecería unha
nota de 4,9.



Os estudantes que non participen na AC nin na AG,
figurarán nas actas como "non presentados".

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos) do Regulamento
sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de
aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa)



As datas e horas das probas de AG (de primeira e
segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de
avaliación aprobadas pola Comisión Académica do Mestrado para o curso en vigor.
En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as
publicadas na web do mestrado (http://www.masterturismoourense.es/).

CONSULTA/ SOLICITUDE DE TITORÍAS



As titorías pódense consultar a través  da páxina persoal do profesorado, accesible a través de https://fcetou.uvigo.es

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000