O
alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua
(AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A
avaliación por defecto é a AC.
Para
ser avaliado mediante AG, o alumnado deberá comunicar a súa preferencia por
este sistema de avaliación á profesora coordinadora da materia, mediante o
envío dun correo electrónico con acuse de recibo, no prazo do 11 de setembro a
11 de outubro. A escolla de AG supón a renuncia ao dereito de seguir
avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida
até ese momento en calquera das probas que xa tiveran lugar. SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA (AC). METODOLOXÍA/PROBA 1: Foro de discusión. Descrición: A docente proporá temas de debate
e reflexión a través de foros virtuais. Pedirase ao
alumnado que realice contribucións, achegando as súas consideracións e
realizando propostas desde as posicións diversas e diversos puntos de vista. A
finalidade é confrontar enfoques, visualizar posicións diferentes, desde territorios
diversos e comprensións multilaterais do turismo. % Cualificación: 8% --------------------------------------------------
-------------------------- METODOLOXÍA/PROBA 2: Traballo Tema 1. Descrición: Proporanse actividades
sobre a temática “Teoría xeral do turismo interior”. Consistirán en
varias preguntas, ou problemáticas que o alumnado deberá responder, resolver e
analizar. % Cualificación: 18% % mínimo: Para a liberación
desta parte da materia, o alumnado deberá obter unha cualificación de 5 sobre
10. --------------------------------------------------
-------------------------- METODOLOXÍA/PROBA 3: Traballo Tema 2. Descrición: Proporanse actividades
sobre a temática “Patrimonio cultural e turismo”. Consistirán en varias
preguntas, ou problemáticas que o alumnado deberá responder, resolver e
analizar. % Cualificación: 18% % mínimo: Para a liberación
desta parte da materia, o alumnado deberá obter unha cualificación de 5 sobre
10. --------------------------------------------------
-------------------------- METODOLOXÍA/PROBA 4: Traballo Tema 3. Descrición: Proporanse actividades
sobre a temática “Turismo rural”. Consistirán en varias preguntas, ou
problemáticas que o alumnado deberá responder, resolver e analizar. % Cualificación: 18% % mínimo: Para a liberación
desta parte da materia, o alumnado deberá obter unha cualificación de 5 sobre
10. --------------------------------------------------
-------------------------- METODOLOXÍA/PROBA 5: Traballo Tema 4. Descrición: Proporanse actividades
sobre a temática “Turismo urbano”. Consistirán en varias preguntas, ou
problemáticas que o alumnado deberá responder, resolver e analizar. % Cualificación: 18% % mínimo: Para a liberación
desta parte da materia, o alumnado deberá obter unha cualificación de 5 sobre
10. --------------------------------------------------
-------------------------- METODOLOXÍA/PROBA 6: Exame
test. Descrición: A final de curso, na data oficial do exame da materia, realizarase
un exame, co fin de avaliar a adquisición e comprensión dos conceptos e
procesos esenciais relativos aos temas impartidos. % Cualificación: 20% % mínimo: Para a liberación
desta parte da materia, o alumnado deberá obter unha cualificación de 5 sobre
10 no conxunto do exame. --------------------------------------------------
-------------------------- Aclaracións sobre a avaliación continua:
No caso de que algún alumno/a non supere o exame tipo
test e/ou algún traballo na 1ª oportunidade (1ª edición de actas). É dicir, no
caso de que non se presente a algunha destas probas, ou obteña unha nota
inferior a 5 en algunha destas probas:
- Poderá
recuperar o exame e/ou traballo suspenso/s na data oficial establecida
para a 2ª edición de actas.
- O alumnado que se atope nesa situación tería unha cualificación de
suspenso na primeira oportunidade (1ª edición da acta). A nota numérica que lle aparecería en actas na primeira
oportunidade sería a correspondente á media ponderada das diferentes
probas de avaliación, e en caso de que a media dese aprobado,
apareceríalle unha cualificación de 4,9.
A avaliación será a mesma para as 3 modalidades de docencia:
presencial, semipresencial e online. SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL (AG) PRIMEIRA PARTE DA PROBA: Exame
tipo test. Descrición: Proba obxectiva que
valorará a adquisición e comprensión dos conceptos e procesos esenciais da
materia. % Cualificación: 30% % mínimo: Para a liberación
desta parte da materia, o/a estudante deberá obter unha nota igual ou superior
a 7 puntos (sobre 10). --------------------------------------------------
-------------------------- SEGUNDA PARTE DA PROBA: Exame
de cuestións teórico-prácticas. Descrición: Proba que incluirá
avaliación de conceptos teóricos e resolución de problemas. % Cualificación: 70% --------------------------------------------------
-------------------------- Aclaracións sobre a avaliación global: O estudantado que siga o sistema
de avaliación global deberá obter polo menos un 7 sobre 10 no exame de
preguntas obxectivas (primeira parte da proba). A nota numérica que figuraría na acta para o
alumnado que non acade esta nota mínima, sería a nota obtida nesa proba, cando
fose inferior a 4,9. Se esa nota fose igual ou superior a 4,9, aparecería unha
nota de 4,9.
Os estudantes que non participen na AC nin na AG,
figurarán nas actas como "non presentados". Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos) do Regulamento
sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de
aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa)
As datas e horas das probas de AG (de primeira e
segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de
avaliación aprobadas pola Comisión Académica do Mestrado para o curso en vigor.
En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as
publicadas na web do mestrado (http://www.masterturismoourense.es/). CONSULTA/ SOLICITUDE DE TITORÍAS
As titorías pódense consultar a través da páxina persoal do profesorado, accesible a través de https://fcetou.uvigo.es |