Foros de discusión |
Trátase de realizar un glosario colaborativo relacionado cos contidos da materia.
Cada participante do curso deberá de contribuír como mínimo con unha achega ao glosario (definición de concepto, expresión, proceso, etc. relevante para a disciplina) e realizar tamén dous comentarios a definicións incorporadas ao glosario previamente por outros/as compañeiros/as (aclaracións, correccións, ampliacións, críticas, puntualizacións, etc. ás definicións de outros/as)
- Valorarase a oportuna escolla de termos así como a súa definición.
- Valorarase tanto o número de achegas (mínimo 1) e o número de comentarios a achegas doutros/as compañeiro/as (mínimo 2), como, fundamentalmente, a calidade, rigor e relevancia dos mesmos.
- Así mesmo, valorarase o uso de fontes de información adecuadas e rigorosas para definir os vocábulos. Neste sentido, é obrigatorio que o alumnado indique sempre as referencias das fontes empregadas. |
5 |
|
B1 B2 B5 B6 B10 B11 B13
|
C11 C15 C17 C18 C20 C21
|
|
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma |
4 traballos ou exercicios prácticos, que versarán arredor de cada un dos temas da materia.
En cada traballo valorarase:
• Precisión e claridade na exposición das ideas principais.
• Orde e coherencia de argumentos.
• Capacidade analítica, de relación, e o sentido crítico.
• Corrección formal.
• Correcto uso das fontes e referencias bibliográficas. |
75 |
|
B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B12 B13
|
C7 C8 C9 C10 C11 C12 C13 C15 C16 C17 C20
|
|
- Primeira convocatoria (maio):
- Alternativa a)
- Avaliación continua segundo os criterios de avaliación arriba expostos. Enténdese que os estudantes que teñan algunha cualificación nalgunha das actividades obxecto de avaliación seguen a avaliación continua e optan, por tanto, por este sistema de avaliación.
- Para superar a avaliación continua é obrigatoria a realización do 100% dos traballos e probas a realizar na materia. Ademais é preciso obter como mínimo un 5 sobre 10 en cada un dos traballos e probas.
- Alternativa b)
- So para os estudantes que non teñan seguido a avaliación continua. Exame global dos contidos da materia. A cualificación do exame será o 100% da nota final.
- Segunda convocatoria (xuño-xullo):
- Alternativa a)
- Só para os estudantes que teñan seguido a avaliación continua e non teñan superado algún dos traballos ou probas: os traballos e probas suspendidos poderanse recuperar na data oficial de xuño-xullo establecida para a avaliación da materia.
- O alumnado que se atope nesta situación tería unha cualificación de suspenso na primeira oportunidade (maio). A nota numérica que lle aparecería en actas na primeira oportunidade (maio) sería a correspondente á media ponderada das diferentes probas de avaliación, e en caso de que a media dese aprobado, apareceríalle unha cualificación de 4,9.
- Alternativa b)
- Exame global dos contidos da materia en xuño-xullo. A cualificación do exame será o 100% da nota.
- Estrutura dos exames do 100% (Alternativas b):
- Unha primeira parte de cuestións relativas a conceptos básicos da materia. Será necesario obter unha nota mínima (7 sobre 10) nesta parte da proba para poder realizar a seguinte parte.
- Unha segunda parte consistente en cuestións de relacionamento, casos prácticos, exercicios, preguntas tipo tema, etc.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso 2017-2018. Non obstante, o calendario pode ser modificado ao longo do curso por algún imprevisto. Consultade a páxina web do Máster por se hai cambios no mesmo. No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na mencionada páxina web (http://www.masterturismoourense.es/area_2.php)
Observación importante: Calquera evidencia de probas ou traballos plaxiados ou copiados suporá unha cualificación de suspenso nas dúas convocatorias. |